viernes, 17 de diciembre de 2010

PRESENTACIÓN

Así comezabamos un domingo pola mañá unha nova ruta, neste caso pola beira do Sil. A brétema, uns lenzos naturais que non nos deixaban apreciar a verdadeira beleza da paisaxe, foi compañeira de viaxe nas primeiras horas da excursión. Pero, como sempre, todo o bon se fai esperar e toda espera ten a súa recompensa porque a medida que foi pasando a mañá o Sil foise destapando para nós. E a andaina, ou "andola" como lle chamou unha paisana que atopamos calcetando e pastoreando unas ovellas en Castro de Abaixo, resultou gratificante pola satisfacción final de superar as dificultades orográficas e ver recompensado o esforzo físico cun bo pancheo, unhas marabillosas vistas e unhas boas parolas filosóficas desas que arranxan o mundo...
Pois ben, este humilde blog tamén comeza así, con brétema pero coa intención de irse abrindo pouco a pouco a tod@s os amantes do sendeirismo e da natureza galega. Pasiño a pasiño iremos contándovos experiencias, informando de rutas recomendables para facer e de paraxes para visitar en calquera escapada que se vos presente. 
Desta volta déixovos coa intriga de saber máis detalles da ruta que nos inspirou para facer este blog, pero estade atent@s porque continuará... Imos andar?

2 comentarios:

  1. Apúntome,ou máis ben,apuntàmonos...Un bico!!

    ResponderEliminar
  2. haber se logro coincidir convosco para algunha andaina .....xa me trae morriña a do caurel.....
    J.B-RINARDY-DRAGON-CHIMI

    ResponderEliminar