lunes, 2 de julio de 2012

PASARELA DO RÍO MAO (Parada do Sil)

O punto de partida desta "andola", para min non pode describirse como ruta, está na antiga central hidroeléctrica coñecida como Fábrica da Luz (rompéronse a cabeza). Para chegar a este lugar dende Monforte temos que saír pola estrada que leva a Doade e Castrocaldelas. Antes de chegar a Castrocaldelas temos que desviarno cara A Teixeira e Parada do Sil. Nun punto situado a uns 8 quilómetros da Teixeira e a uns 10,5 de PArada do Sil arrinca o desvío que nos levará á vella central.

Perto da vella central xa atopamos os paneis explicativos e alí comeza o percorrido. A pasarela ten unha lonxitude duns 1,3 quilómetros, foi construída a unha altura considerable sobre o escarpado terreo e á beira do río Mao. Resulta atractivo e moi orixinal ver como algúns dos seus tramos discorren á altura das árbores (castiñeiros, carballos, loureiros, acibros...) o que lle dá certa espectacularidade ao sentirse un suspendido sobre o canon do río Mao.

Rematada a pasarela de madeira seguimos camiñando por asfalto e por unha pista de terra ata a aldea de Baxacova onde podemos dar por finalizado o itinerario principal. Chegados a este punto temos dúas alternativas, volver por onde viñemos e desandar o andado ou seguir pola estrada asfaltada que chega a Barxacova e chegarmos ao punto de partida inicial pero facendo un percorrido circular. Neste caso hai uns 3 quilómetros máis dende Barxacova.

WIKILOChttp://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1425625

NO BLOG DO AMIGO JRCASAN:
http://www.jrcasan.com/rutasc/barxa_cova/rutadebarxacova.htm

2 comentarios:

  1. Ruta curta pero espectacular máis propia para paseo que para facer sendeirismo.

    ResponderEliminar
  2. O sábado ollín unha molladura ahí, jj.

    ResponderEliminar