Perto da vella central xa atopamos os paneis explicativos e alí comeza o percorrido. A pasarela ten unha lonxitude duns 1,3 quilómetros, foi construída a unha altura considerable sobre o escarpado terreo e á beira do río Mao. Resulta atractivo e moi orixinal ver como algúns dos seus tramos discorren á altura das árbores (castiñeiros, carballos, loureiros, acibros...) o que lle dá certa espectacularidade ao sentirse un suspendido sobre o canon do río Mao.
Rematada a pasarela de
madeira seguimos camiñando por asfalto e por unha pista de terra ata a aldea de Baxacova onde podemos dar por finalizado o
itinerario principal. Chegados a este punto temos dúas alternativas, volver por
onde viñemos e desandar o andado ou seguir pola estrada asfaltada que chega a
Barxacova e chegarmos ao punto de partida inicial pero facendo un percorrido
circular. Neste caso hai uns 3 quilómetros máis dende Barxacova.
WIKILOC: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1425625
NO BLOG DO AMIGO JRCASAN:
http://www.jrcasan.com/rutasc/barxa_cova/rutadebarxacova.htm
WIKILOC: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1425625
NO BLOG DO AMIGO JRCASAN:
http://www.jrcasan.com/rutasc/barxa_cova/rutadebarxacova.htm
Ruta curta pero espectacular máis propia para paseo que para facer sendeirismo.
ResponderEliminarO sábado ollín unha molladura ahí, jj.
ResponderEliminar