Mostrando entradas con la etiqueta VIDEO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VIDEO. Mostrar todas las entradas
viernes, 15 de febrero de 2019
jueves, 30 de julio de 2015
martes, 30 de junio de 2015
martes, 4 de noviembre de 2014
CALÇOTS EN GALICIA
Son un galego retornado e devezo polos calçots, motivo polo cal hai dous
anos decidín probar sorte coa sementeira destes tubérculos tan populares en
Catalunya.
Botei man dalgún consello de amigos cataláns e, como non, tamén da internet
para poñerme mans á obra.
O proceso para chegar ao calçot pasa por catro etapas
ou procesos previos:
1-Sementeira e trasplante da futura cebola branca (de outubro a marzo).
2-Colleita das cebolas (xullo-agosto).
3-Prantación da cebola branca (semienterrada, nunca cuberta de todo).
Cómpre regala xenerosamente e esperar que agrome para progresivamente ir
tapando con terra a parte tenra dos gromos que vaian saíndo (agosto-outubro)
4-Colleita dos calçots (decembro-abril).
![]() |
| Regos de Calçots |
No meu caso saltei as dúas primeiras etapas e encarguei as cebolas brancas
a unha cooperativa de Igualada. Prantei tres regos delas nunha leira en
Monforte de Lemos e fun tapando con terra ata por cinco veces os abrollos ou
gromos que lle ían saíndo. A acción de ir tapando con terra coñecese como
“calzar”, e velaí a orixe da palabra calçot. Aguantaron ben o frío e vivín con
satisfacción o proceso. A proba foi cunhas 20 cebolas e de cada unha saíron uns
8-10 calçots, co cal poidemos facer dúas calçotadas, unha familiar e outra para
os amigos galego-cataláns.
Como anécdota comentar que atopei unha casa de turismo rural que fai
calçotadas en Pantiñobre, perto de Arzúa, que se chama Casa Assumpta. Segundo
me contou un día “o Patrón”, cando empezaron con esta iniciativa moitos
paisanos lle dicían, medio en serio medio en broma, que iso aquí en Galicia
dábaselle aos porcos. Despois de bastantes anos as calçotadas son un éxito
completando reservas todas as fins de semana da tempada.
lunes, 6 de octubre de 2014
miércoles, 11 de junio de 2014
martes, 4 de marzo de 2014
jueves, 16 de enero de 2014
jueves, 17 de octubre de 2013
jueves, 3 de octubre de 2013
lunes, 15 de abril de 2013
lunes, 2 de julio de 2012
PASARELA DO RÍO MAO (Parada do Sil)
O punto de partida desta "andola", para min non pode describirse como ruta, está na antiga central hidroeléctrica coñecida como Fábrica da Luz (rompéronse a cabeza). Para chegar a este lugar dende Monforte temos que saír pola estrada que leva a Doade e Castrocaldelas. Antes de chegar a Castrocaldelas temos que desviarno cara A Teixeira e Parada do Sil. Nun punto situado a uns 8 quilómetros da Teixeira e a uns 10,5 de PArada do Sil arrinca o desvío que nos levará á vella central.
Perto da vella central xa atopamos os paneis explicativos e alí comeza o percorrido. A pasarela ten unha lonxitude duns 1,3 quilómetros, foi construída a unha altura considerable sobre o escarpado terreo e á beira do río Mao. Resulta atractivo e moi orixinal ver como algúns dos seus tramos discorren á altura das árbores (castiñeiros, carballos, loureiros, acibros...) o que lle dá certa espectacularidade ao sentirse un suspendido sobre o canon do río Mao.
Perto da vella central xa atopamos os paneis explicativos e alí comeza o percorrido. A pasarela ten unha lonxitude duns 1,3 quilómetros, foi construída a unha altura considerable sobre o escarpado terreo e á beira do río Mao. Resulta atractivo e moi orixinal ver como algúns dos seus tramos discorren á altura das árbores (castiñeiros, carballos, loureiros, acibros...) o que lle dá certa espectacularidade ao sentirse un suspendido sobre o canon do río Mao.
Rematada a pasarela de
madeira seguimos camiñando por asfalto e por unha pista de terra ata a aldea de Baxacova onde podemos dar por finalizado o
itinerario principal. Chegados a este punto temos dúas alternativas, volver por
onde viñemos e desandar o andado ou seguir pola estrada asfaltada que chega a
Barxacova e chegarmos ao punto de partida inicial pero facendo un percorrido
circular. Neste caso hai uns 3 quilómetros máis dende Barxacova.
WIKILOC: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1425625
NO BLOG DO AMIGO JRCASAN:
http://www.jrcasan.com/rutasc/barxa_cova/rutadebarxacova.htm
WIKILOC: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1425625
NO BLOG DO AMIGO JRCASAN:
http://www.jrcasan.com/rutasc/barxa_cova/rutadebarxacova.htm
jueves, 28 de julio de 2011
lunes, 11 de julio de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


