Mostrando entradas con la etiqueta Andainas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Andainas. Mostrar todas las entradas
lunes, 3 de agosto de 2020
lunes, 2 de marzo de 2020
martes, 3 de diciembre de 2019
sábado, 8 de junio de 2019
sábado, 1 de junio de 2019
miércoles, 29 de mayo de 2019
ANDAINA / POBRA DO BROLLÓN / DOMINGO 2 XUÑO
martes, 30 de abril de 2019
viernes, 30 de noviembre de 2018
sábado, 3 de noviembre de 2018
miércoles, 17 de octubre de 2018
lunes, 8 de octubre de 2018
lunes, 11 de junio de 2018
jueves, 3 de mayo de 2018
XI RUTA DOS FORNOS DE CELAVENTE
![]() |
| Entrada e xarra. Foto: Rinardy |
Éxito de participación nesta orixinal andaina etnográfico-gastronómica que
organiza a Asociación Centro deAnimación Rural de Celavente dende hai once anos. Esta parroquia do
concello do Bolo, que chegou a ter uns oitocentos habitantes, hoxe non chega
aos cen; unha realidade que sangra o rural galego e que tan difícil solución
ten. Con este panorama, a Ruta dos Fornos recupera por un día a vida dos
barrios de Celavente, fai fumegar seis fornos que eran de uso comunitario e enche
de xente os camiños que van dun ao outro.
![]() |
| Participantes esperando antes de iniciar a ruta |
O evento comezou ás 13.00 h. no punto de partida coa entrega aos
participantes, previo pago de catorce euros, da súa respectiva xarra
conmemorativa e a entrada para poder facer a ruta. A continuación, saúdo de
Jorge, un dos organizadores do evento, e pregón do poeta Juan Corzo, que aproveitou para falar das labores do campo. Rematado
o protocolo inicial comezou xa a camiñada cun percorrido circular de 4,6
quilómetros que une seis fornos restaurados, outras tantas fontes típicas do
rural e unha adega que antes foi sequeiro de castañas.
![]() |
| Jorge Isla e Juan Corzo |
![]() |
| Camiñando cara o primeiro forno |
![]() |
| Camiñantes facendo un selfie |
![]() |
| FORNO DO VIDUEDO |
![]() |
| FORNO DOS HORTOS |
![]() |
| FORNO DE OUTEIRO |
![]() |
| ADEGA DA CAPILLA FORNO DO FONDO FONTE DO VIDUEDO |
![]() |
| FONTE DOS HORTOS DE ABAIXO |
![]() |
| Chegada aos Fornos do Campo e do Cima |
![]() |
| Grupo de amig@s. Foro: Montse |
LONGA VIDA Á RUTA DOS FORNOS DE CELAVENTE!!
![]() |
| O viño deixoulle marca a algúns... Foto: Rinardy |
![]() |
| Foto curiosa da xarra conmemorativa do evento |
miércoles, 18 de abril de 2018
lunes, 2 de abril de 2018
viernes, 23 de marzo de 2018
sábado, 17 de marzo de 2018
viernes, 26 de enero de 2018
lunes, 8 de enero de 2018
VIEIROS (O Courel)
Para ir ao Courel non fan falta escusas, calquera época do ano é boa e calquera recuncho ten o seu encanto. Un dos lugares máis recomendados é a "Fervenza de Vieiros". Pasando a Seara e Vieiros xa está indicada á esquerda. Dende a estrada onde se deixa o coche hai uns 10 minutos andando, doado chegar aínda que no último tramo hai unha corda para acabar de baixar ata a charca onde rompe a caída de auga. Nada complicado.
Dende aquí pódese subir andando á aldea de Vieros pero se se quere tamén se pode facer o camiño inverso; dende Vieiros baixar andando ata a fervenza do mesmo nome. O percorrido é doado e curto, uns 15-20 minutos a ritmo normal. Impresionante o paseo e impresionante a fervenza.
No inverno polo gran caudal de auga igual a camiñada non é aconsellable pero si en calquera outra época do ano. Vela nesta estación impresiona polo ruído e a espectacularidade da caída con tanta auga, e se imos de cara á primavera ou no verán atópase máis calmada e incluso os atrevid@s poden pegarse un baño. A auga corta do fría que está pero bañarse nesta paraxe é unha experiencia inesquecible.
![]() |
| Sinalización no roteiro |
![]() |
| Pasarela Río Selmo |
![]() |
| Sinalización |
![]() |
| "Fervenza de Vieiros" |
A aldea de Vieiros é pequena pero paga a pena dar unha volta. Hai varias familias que están arranxando casas e hai unha Asociación que a dinamiza. Nunha fermosa aira hai un escano que nada lle ten que envexar ao de Loiba na Mariña. A poucos metros da estrada, e por enriba da aldea, hai un Muíño e un Campo de Bolos restaurados que forman un enclave digno de ver tamén.
![]() |
| Casa de Vieiros |
![]() |
| Escano nunha aira de Vieiros |
![]() |
| Vistas dende o escano |
![]() |
| Muiño de Vieiros |
![]() |
| Información do muiño. "Muín", diminutivo típico desta zona. |
![]() |
| Parte de abaixo do muíño |
![]() |
| Pedra do Campo de Bolos |
![]() |
| Mostra dun bolo e a bola. Xógase con 6 bolos dispostos como se apunta na pedra arriba. |
jueves, 16 de noviembre de 2017
Suscribirse a:
Entradas (Atom)















































