Outro cabo do mundo como o de Fisterra pero no interior de Galiza. Quen dixo que só podía haber cabo do mundo no mar?
Esta fermosa paraxe recibe o nome de "Cabo do Mundo" porque así é tamén como se chama este marabilloso meandro que fai o río Miño no Concello do Saviñao. A foto está tomada dende o alto das viñas durante a vendima, no entorno de Adegas Moure pero algo antes hai un desvío para apartarse ata o coñecido como "Mirador da Cova". Se seguimos baixando un quilómetro aproximadamente atoparemos unha espectacular praia fluvial coñecida como "Praia da Cova".
Para chegar hai que ir ata Escairón (capital do Saviñao) e coller a estrada C-533 dirección Ferreira de Pantón durante uns 2 quilómetros. Despois hai que xirar á dereita por unha estrada máis estreita uns dous quilómetros máis. Está ben indicado e resulta unha visita obrigada se un para polas Terras de Lemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario