jueves, 14 de noviembre de 2013

RUTA DO XABRIÑA (17-NOV)

RUTA ORGANIZADA POR GALICIA SENDERISMO

DOMINGO 17/11/13 AS 10:30 H. PR-G 119 Ruta do Xabriña

QUEDADA NO CONCELLO DE COVELO ... (OLLO NON COVELO DA LAMA) CHAMAR AO TELÉFONO 609531105 (SINDO) PARA APUNTARSE. CUSTE DE 15 € (xantar incluído).

COMO CHEGAR A COVELO: Dende A Coruña (174 km) e Santiago (102 km)

Toma a N-550 ou a A-9 unha vez pasada Pontevedra e chegando a Vigo tómase a saída direción a Ourense por a A-52, Saída 282 direción Covelo durante 8 km e tomar a Nacional 120 á esquerda segundo se indica e inmediatamente (50 m) á dereita direción Covelo 4 Km. Dende Vigo (48 km)

A-52 dirección Ourense durante 35 km ata a saída 282 direción Covelo durante 8 km. e tomar a Nacional 120 á esquerda segundo se indica e inmediatamente (50 m) á dereita dirección Covelo 4 km.

Dende Ourense (62 km)
Autovía A-52 dirección Vigo ata a saída 269 de A Cañiza. Continúa pola N-120 durante 17 km ata Paraños, toma o desvío á dereita alí indicado e 4 quilómetros despois chégase ao núcleo de Covelo.

TIPO DE PERCORRIDO:CIRCULAR
PUNTO DE PARTIDA:COTAREL-PARAÑOS (COVELO - PO)
PUNTO DE CHEGADA:COTAREL-PARAÑOS (COVELO - PO)
ACCESO ALTERNATIVO:A LAMOSA-CORZOS-PRADO DE CANDA
LONXITUDE:17,3 quilómetros.
TEMPO ESTIMADO:6 HORAS
DIFICULTADE:MEDIA

O percorrido total, de máis de 17 quilómetros, ten como principal protagonista o río Xabriña e o seu afluente, o río Azal. Presenta pouco desnivel xa que ascende suavemente dende Paraños, no curso medio do río, ata as altas terras da Canda.

É circular, conformada por dous grandes aneis que teñen o seu punto de encontro na fermosa ponte Folón. O primeiro anel, dende Paraños ata a ponte, ten como protagonista principal o río Xabriña, as fragas e a abondosa vexetación de ribeira. O segundo anel, que pasa polo Prado da Canda, Corzós e A Lamosa, vainos permetir coñecer camiños históricos, unha boa arquitectura rural así como a actividade dos "cereiros", actividade xa extinguida.

MENÚ "GALICIA SENDERISMO"

1º-CALLOS OU ENSALADIÑA (pódese pedir ensalada)
2º-PESCADA CON ENSALADA OU TERNEIRA ESTOFADA 
3º-SOBREMESA CASEIRA

BEBIDA, CAFÉ .. 

3 comentarios:

  1. "PASADE EVENTO DA RUTA, A QUEN PODA ESTAR INTERESADO"
    RUTA GALICIA SENDERISMO.DOMINGO 17/11/13 AS 10:30 H- PR-G 119 Ruta do Xabriña https://www.facebook.com/events/228217464021565/

    ResponderEliminar
  2. ANIMO A FACERSE SOCI@ DE GALICIA SENDERISMO (10 EUROS/ANO) .... INFORMACIÓN: galiciasenderismo@gmail.com
    PARA XENTE QUE FAI AS RUTAS E XENTE QUE LLES GUSTA VER FOTOS, ETC.
    https://www.facebook.com/sindo.rodriguez.10

    ResponderEliminar