miércoles, 23 de abril de 2014

ROTEIRO DOMINGO 27 ABRIL

ROTEIRO "BOCA DO MONTE"
(Organizado pola Asoc. Boca do Monte en colaboración con ADEGA-Lugo)

Situación:             Montefurado – Quiroga (Lugo)
Saída:                   Boca do Monte (A Veiga)  N-120 Saída Montefurado
Dificultade:           Media
Distancia:             14 Km
Desnivel:              460 m    
Horario:                10.30 – 17.00 h. (paradas culturais e para xantar incluídas)

SINOPSE

Roteiro que terá como protagonistas a obra de enxeñería romana de Montefurado, os ríos Sil e Bibei e o microclima característico da zona que fai posible, entre outras cousas, a existencia de oliveiras. Coñeceremos a influencia do paso destes ríos pola zona, un pouco do pasado romano destas terras e a importancia que tivo no seu día o cultivo do aceite.
Acompañaranos algún arqueólogo e algún biólogo para ir comentando aspectos destacados de todo o anterior.

DESCRIPCIÓN

O roteiro partirá do que se coñece como A Veiga, lugar que foi parte do orixinario canle do río Sil antes de que os romanos escavaran a montaña para desvialo. Veremos o Montefurado, coñecido popularmente como a Boca do Monte, e subiremos dirección Os Anguieiros. A partir desta aldea colleremos unha pista forestal que transcorre paralela ao encoro de Montefurado e do río Bibei dende onde poderemos albiscar as Terras de Trives e incluso Manzaneda. Na parte máis alta da ruta teremos xa a aldea de Enciñeira onde poderemos parar no Centro Sociocultural a tomar un refresco e ver a súa Igrexa parroquial que data do século XVI. A partir dese momento a camiñada será descendente e poderemos apreciar unha fermosa paisaxe onde destaca de fondo a aldea de Montefurado e vestixios de explotacións auríferas romanas. Chegamos de novo a Os Anguieiros, onde coñeceremos a súa fermosa fonte e o seu antigo muíño de aceite. Dende aquí, continuará a baixada ata chegar xa ao punto de partida.

Máis información: asociacionbocadomonte@gmail.com
FOTO: Lois Rúa






No hay comentarios:

Publicar un comentario