Son un galego retornado e devezo polos calçots, motivo polo cal hai dous
anos decidín probar sorte coa sementeira destes tubérculos tan populares en
Catalunya.
Botei man dalgún consello de amigos cataláns e, como non, tamén da internet
para poñerme mans á obra.
O proceso para chegar ao calçot pasa por catro etapas
ou procesos previos:
1-Sementeira e trasplante da futura cebola branca (de outubro a marzo).
2-Colleita das cebolas (xullo-agosto).
3-Prantación da cebola branca (semienterrada, nunca cuberta de todo).
Cómpre regala xenerosamente e esperar que agrome para progresivamente ir
tapando con terra a parte tenra dos gromos que vaian saíndo (agosto-outubro)
4-Colleita dos calçots (decembro-abril).
Regos de Calçots |
No meu caso saltei as dúas primeiras etapas e encarguei as cebolas brancas
a unha cooperativa de Igualada. Prantei tres regos delas nunha leira en
Monforte de Lemos e fun tapando con terra ata por cinco veces os abrollos ou
gromos que lle ían saíndo. A acción de ir tapando con terra coñecese como
“calzar”, e velaí a orixe da palabra calçot. Aguantaron ben o frío e vivín con
satisfacción o proceso. A proba foi cunhas 20 cebolas e de cada unha saíron uns
8-10 calçots, co cal poidemos facer dúas calçotadas, unha familiar e outra para
os amigos galego-cataláns.
Como anécdota comentar que atopei unha casa de turismo rural que fai
calçotadas en Pantiñobre, perto de Arzúa, que se chama Casa Assumpta. Segundo
me contou un día “o Patrón”, cando empezaron con esta iniciativa moitos
paisanos lle dicían, medio en serio medio en broma, que iso aquí en Galicia
dábaselle aos porcos. Despois de bastantes anos as calçotadas son un éxito
completando reservas todas as fins de semana da tempada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario