Para ir ao Courel non fan falta escusas, calquera época do ano é boa e calquera recuncho ten o seu encanto. Un dos lugares máis recomendados é a "Fervenza de Vieiros". Pasando a Seara e Vieiros xa está indicada á esquerda. Dende a estrada onde se deixa o coche hai uns 10 minutos andando, doado chegar aínda que no último tramo hai unha corda para acabar de baixar ata a charca onde rompe a caída de auga. Nada complicado.
Dende aquí pódese subir andando á aldea de Vieros pero se se quere tamén se pode facer o camiño inverso; dende Vieiros baixar andando ata a fervenza do mesmo nome. O percorrido é doado e curto, uns 15-20 minutos a ritmo normal. Impresionante o paseo e impresionante a fervenza.
No inverno polo gran caudal de auga igual a camiñada non é aconsellable pero si en calquera outra época do ano. Vela nesta estación impresiona polo ruído e a espectacularidade da caída con tanta auga, e se imos de cara á primavera ou no verán atópase máis calmada e incluso os atrevid@s poden pegarse un baño. A auga corta do fría que está pero bañarse nesta paraxe é unha experiencia inesquecible.
|
Sinalización no roteiro |
|
Pasarela Río Selmo |
|
Sinalización |
|
"Fervenza de Vieiros" |
A aldea de Vieiros é pequena pero paga a pena dar unha volta. Hai varias familias que están arranxando casas e hai unha Asociación que a dinamiza. Nunha fermosa aira hai un escano que nada lle ten que envexar ao de Loiba na Mariña. A poucos metros da estrada, e por enriba da aldea, hai un Muíño e un Campo de Bolos restaurados que forman un enclave digno de ver tamén.
|
Casa de Vieiros |
|
Escano nunha aira de Vieiros |
|
Vistas dende o escano |
|
Muiño de Vieiros |
|
Información do muiño. "Muín", diminutivo típico desta zona. |
|
Parte de abaixo do muíño |
|
Pedra do Campo de Bolos |
|
Mostra dun bolo e a bola. Xógase con 6 bolos dispostos como se apunta na pedra arriba. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario