Máis de cincocentas persoas participaron o sábado 28 de abril nesta romaría na que se percorren fornos restaurados e se degustan diferentes produtos típicos da zona.
|
Entrada e xarra. Foto: Rinardy |
Éxito de participación nesta orixinal andaina etnográfico-gastronómica que
organiza a Asociación Centro deAnimación Rural de Celavente dende hai once anos. Esta parroquia do
concello do Bolo, que chegou a ter uns oitocentos habitantes, hoxe non chega
aos cen; unha realidade que sangra o rural galego e que tan difícil solución
ten. Con este panorama, a Ruta dos Fornos recupera por un día a vida dos
barrios de Celavente, fai fumegar seis fornos que eran de uso comunitario e enche
de xente os camiños que van dun ao outro.
|
Participantes esperando antes de iniciar a ruta |
O evento comezou ás 13.00 h. no punto de partida coa entrega aos
participantes, previo pago de catorce euros, da súa respectiva xarra
conmemorativa e a entrada para poder facer a ruta. A continuación, saúdo de
Jorge, un dos organizadores do evento, e pregón do poeta Juan Corzo, que aproveitou para falar das labores do campo. Rematado
o protocolo inicial comezou xa a camiñada cun percorrido circular de 4,6
quilómetros que une seis fornos restaurados, outras tantas fontes típicas do
rural e unha adega que antes foi sequeiro de castañas.
|
Jorge Isla e Juan Corzo |
|
Camiñando cara o primeiro forno |
|
Camiñantes facendo un selfie |
Os fornos que se abriron, e nos que xente da organización esperaba aos
camiñantes con diferentes pinchos da zona son, por orde de aparición, foron os
seguintes: Forno do Viduedo, Forno dos Hortos, Forno de Outeiro, Adega A
Capilla, Forno do Fondo, Forno do Campo e Forno do Cima. Para repoñer forzas en
cada un deles, atopamos: chourizos asados, orella de porco, lacón cocido, crema
de castañas, xamón asado, torta de roxóns e roscón. Por suposto o pan non podía
faltar e tampouco o viño e os licores.
|
FORNO DO VIDUEDO
|
|
FORNO DOS HORTOS |
|
FORNO DE OUTEIRO
|
|
ADEGA DA CAPILLA
FORNO DO FONDO
FONTE DO VIDUEDO
|
|
FONTE DOS HORTOS DE ABAIXO |
Para amenizar o percorrido estiveron a Charanga
Compostela e o grupo de cantos de taberna Ouruxobruxo da Rúa. Nos últimos fornos, o do Campo e o do Cima a Discomóvil Danzalia montou a festa de benvida aos camiñantes. Moi bo ambiente, bar da organización para tomar "a penúltima" e a xente pasándoo en grande.
|
Charanga Compostela |
|
Ouruxobruxo da Rúa |
|
Chegada aos Fornos do Campo e do Cima
|
|
Grupo de amig@s. Foro: Montse
|
LONGA VIDA Á RUTA DOS FORNOS DE CELAVENTE!!
|
O viño deixoulle marca a algúns... Foto: Rinardy |
|
Foto curiosa da xarra conmemorativa do evento |
¡Parabens por esa grande reportaxe! ¡Moitas grazas!
ResponderEliminar